Trátase dun templo de orixes románicos, construído no século XII. Desta época conserva a fachada occidental e a ábsida rectangular. Con todo, é un edificio de transición ao gótico. A portada principal mostra unha gran sinxeleza, e en xeral, predomina a ausencia de elementos decorativos; tamén é característica deste edificio a presenza do arco apuntado.
Con todo, os elementos engadidos posteriormente ocultaron a beleza primitiva do conxunto. Así, encostados á igrexa veremos unha pequena capela bautismal, e unha caseta de ladrillo a modo de sala parroquial. A construción tamén sufriu modificacións co engadido da espadaña de dous corpos na que no primeiro se atopan dúas campás e no segundo un pequeno arco rematado nun pináculo cunha cruz. Tamén se aprecian a modificación barroca do conxunto nos pináculos de ambos os lados da fachada.
No exterior, sobre un pequeno atrio, podemos ver unha pila bautismal de pedra que pertencía ao antigo templo. Un cruceiro, unha oliveira e unha escultura de madeira tallada de Santiago, enmarcada por unha estrutura de madeira con senllas plantas aos lados, adornan o patio, que ofrece unha panorámica do tramo final do Río Verdugo.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.