As Illas Alvedosas son en realidade dous pequenos illotes xemelgos, situados na desembocadura do Río Verdugo, ao fondo da Ría de Vigo, e son coñecidas polo seu misterioso pasado. Conta a lenda que, no 1961, o famoso camiñante e historiador Carlo Viva foi convidado a realizar o camiño de Santiago e, ao recibir unha carta anónima no medio da súa peregrinación que o convidaba a coñecer a historia das illas Alvedosas, decidiu, intrigado, aparcar momentaneamente o seu roteiro e penetrar na ría para coñecer máis detalles das historias que chegaban aos seus oídos sobre elas; cales eran estas historias, ninguén pode dicilo con certeza. Aínda que nunca se soubo máis del nin das historias que coñeceu no seu camiño, si se sabe que deixou un pequeno tesouro para aqueles que tentasen chegar ás Illas. Talvez o lector desta humilde publicación se aventure a descubrir os segredos destas misteriosas illas, en pos do seu lendario tesouro.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.