Sabías que Vigo foi o primeiro porto español con comunicacións telegráficas internacionais? Todo grazas ás axeitadas condicións da ría e o porto para as operacións de tendido e reparación do cable.
Que supuxo isto para a cidade? Por unha banda, formar parte da rede mundial de comunicacións e, por outra, importar algunhas das tradicións, costumes e deportes da clase media da Inglaterra vitoriana: hóckei sobre herba, tenis, remo, atletismo, tenis de mesa, billar, rugbi ou fútbol.
A primeira liña telegráfica submarina de Galicia uníu Vigo coa illa de San Simón en 1863, dez anos antes de que se tenderan os cables ingleses Vigo-Porthcurno e Vigo-Carcavelos (Portugal) da compañía Eastern Telegraph Company, O Cable Inglés. A compañía xa conseguira a conexión con América e pretendía comunicar Inglaterra co resto do imperio vía Vigo. Desta forma Vigo se converteu na cidade española mellor comunicada a nivel internacional: era a porta de entrada das telecomunicacións españolas. O cable comunicaba con África, con Asia e con Sudamérica. A conexión con Sudamérica era vía Lisboa a Brasil. A conexión con Asia atravesaba o Mediterráneo e o Canal de Suez e se dirixía a Bombay, na India. Dende alí acabaría conectando coas colonias de Australia e Nova Zelanda.
As oficinas do Cable Inglés tiveron local nas rúas: Real, Príncipe, Velázquez Moreno (casas de Bárcena) e, por último, na Praza de Compostela (hoxe edificio de Correos).
En 1896 inaugúrase o Cable Alemán, cun cableado submariño de inferior extensión, calidade e seguridade que o inglés.
Durante a Guerra Civil, os franquistas tomaron as oficinas da compañía inglesa e utilizáronas para transmitir as súas comunicacións ao exterior. No 1937 o bando nacional pechou as oficinas do Cable Inglés e as do Cable Alemán.
Co comezo das hostilidades, os ingleses cortaron o Cable Alemán e os alemáns fixeron o propio co Cable Inglés. Dado que as oficinas non podían emitir nin recibir; reduciron o seu persoal e convertíronse nun niño de espías de ambos os dous países.
A invención do télex deixa obsoleto aos cablegramas e o Cable Inglés pecha en Vigo o 31 de decembro de 1969. Isto non supón a fin do cable na cidade, xa que o seu porto será un dos tres portos atlánticos de Europa elexidos para base de almacenamento do cable coaxial telefónico, primeiro nos almacéns do Molle Transversal do Areal, e no 1986, no Molle de Transatlánticos para aumentar a súa capacidade con seis silos. Acabaron abandoados e agora queda a historia e este monumento.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.