O MARCO (Museo de Arte Contemporánea) é un museo especializado neste estilo artístico e concepción estética inaugurado o 13 de novembro de 2002 na cidade de Vigo.
A orixe do edificio remóntase ao século XIX como resposta á necesidade que tiña a cidade dun cárcere público. Para tal efecto, o 16 de maio de 1861, o Goberno aproba a construción do novo edificio. O que ía ser un simple cárcere, acabou converténdose nun pazo de xustiza con xulgados, prisións e un pequeno albergue para os gardiáns, cuxa construción finalizou en 1880. En 1990 foi declarado ben de interese cultural pola Xunta de Galicia, rexeitándose o proxecto de demolición para converter o espazo nunha praza arborizada.
Este edificio, situado en pleno centro da cidade foi rehabilitado en 1995 e asignado para albergar o novo museo. É un edificio de planta hexagonal irregular con catro grandes salas de teito acristalado (que antigamente eran patios interiores), así como unha praza central onde antigamente situábase a capela, cunha cúpula pola que entraba a luz. A súa fachada principal da á rúa do Príncipe e destaca polo reloxo que a coroa.
A liña de programación do MARCO céntrase en exposicións temporais. O programa educativo -visitas e talleres para escolares, actividades para familias, talleres infantís de verán, cursos para adultos, visitas guiadas, talleres de artistas etc.- e o conxunto de actividades paralelas e complementarias das exposicións -xornadas, seminarios, conferencias, concertos, ciclos de cine, etc.- ademais dos servizos da biblioteca-centro de documentación e das actividades da Agrupación de Amigos, son outros compoñentes esenciais na oferta do MARCO aos seus visitantes.
Ademais, o MARCO ofrece a posibilidade de alugueiro do seu salón de actos e doutros espazos do museo para o desenvolvemento de actos tales como conferencias, presentacións, seminarios e encontros.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.