O Miradoiro da Peneda está situado no alto do monte homónimo e ocupa o que en tempos pretéritos foi un asentamento castrexo (isto sábese por tratarse dun punto alto que domina un territorio chairo ou de orografía menos pronunciada); este asentamento castrexo foi reconvertido co paso dos séculos en área de recollemento e oración. O monte ten unha altitude de 329 metros e é limítrofe entre os municipios de Soutomaior e Redondela . Desde a súa cima divísase a Ría de Vigo, coas Illas Cíes ao fondo, a desembocadura del Río Verdugo e as Illas Alvedosas, aínda que tamén ofrece unhas espectaculares vistas cara a un interior de suaves e envellecidas montañas.
Do antigo castro só se conservan restos das murallas exteriores. Os castros emprazábanse en elevacións para dominar desde elas os terreos baixos; por este mesmo motivo, xa en época medieval, pertenceu o lugar a Pedro Madruga, o nobre medieval máis importante do noroeste peninsular no século XV. Tamén foi o alto da Peneda escenario da construción de varios castelos medievais, posteriormente destruídos en diferentes conflitos. Destaca principalmente o castelo de Castrizán, construído en 1477 polo arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca II, co fin de manter vixiado o Castelo de Soutomaior e ter a Pedro Madruga baixo control.
A día de hoxe, e desde o século XVIII, a cima da Peneda ocúpaa a Ermida da Virxe das Neves, tamén coñecida popularmente como Ermida da Peneda. Ata o de agora, a Ermida foi escenario de numerosas romarías e festas.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.