Considerado como un miradoiro, no centro comercial de A Laxe en Vigo, dispoñemos dun columpio que ofrece unhas fermosas vistas da Ría de Vigo e as illas Cíes. Isto convérteo nun lugar de grande atractivo para todos os visitantes que poden aproveitar para facer fotos ou simplemente gozar da paisaxe.
Esta zona é chave para o turismo de Vigo, xa que se atopa na Rúa Cánovas de Castillo, zona moi frecuentada por turistas de diferentes nacionalidades que chegan a bordo dos diferentes cruceiros que visitan o Porto de Vigo, os cales aproveitan para visitar o centro comercial e a zona do Casco Vello.
Dende o miradoiro tamén tes boas vistas do monumento que homenaxea ao Cable Inglés, ao reloxo ecuatorial e ao monumento Vigo Sempre Benéfica, non deixes de visitalos!
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.