Na viguesa parroquia de Teis atopamos o Monte da Guía, ao que teremos que subir seguindo un Vía Crucis, nun camiño entre carballos e piñeiros, para chegar ata o cumio no que ao parecer estivo situado un castro e que agora acolle unha ermida, a da Nosa Señora da Guía.
Disque antigamente viñan ata aquí as mulleres dos pescadores para prender fogueiras e así orientar aos seus homes ata terra, e que tamén nas súas faldas, ademais das praias da Lagoa e a da Punta, habilitouse unha base de aprovisionamento de submarinos durante a II Guerra Mundial.
Hoxe, dende este magnífico miradoiro, podemos gozar da cidade de Vigo e a súa ría, as espectaculares Illas Cíes, a ponte de Rande, a península do Morrazo ou a enseada de San Simón, con aquela illa cercada pola ondas que inmortalizara o trobador medieval Mendinho.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.