Inaugurado o 5 de agosto de 1967, constitúeo unha rocha sacada do “mar de Vigo” (mar ao que cantou o trobador), situada no medio dun estanque. Hai sobre a superficie da pedra unha placa metálica que versa: “A cidade de Vigo ao seu cantor Martín Códax, trobador e xograr do século XIII”. Velaquí a súa cantiga máis soada, pola cal principalmente é lembrado:
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus!, se verra cedo?
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ai Deus!, se verra cedo?
Se vistes meu amado,
por que ei gran coidado?
E ai Deus!, se verra cedo?
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.