O miradoiro atópase situado no alto do monte Castro, pertencente á serra do Galiñeiro. É unha contorna montañosa na que poderemos observar moitas especies autóctonas e o val do Louriña. Ao fondo e ao sur pódense ver as montañas de Portugal e o val do Miño así como a cidade de Tui. En fronte o Faro de Budiño, Espicho do Faro, Castelo de Cans e o Castelo de Mos, todos eles lugares onde existiu algún castelo ou punto de vixilancia medieval. As Gándaras de Budiño, a vila do Porriño e as famosas canteiras. Ao norte pódese ver a Serra do Galleiro e incluso o Monte da Peneda en Soutomaior. Ao miradoiro accédese por unhas estreitas escadas de pedra desde as que se pode observar tamén unha gran cruz de pedra.
Ao lado do mirador, atópase a capela da Virxe das Neves de gran singularidade. Érguese sobre o castro de Erville.
Se vas na época do nadal, podes visitar a Asociación Cultural e Social para ver o Belén Monumental feito a man con máis de 300 pezas de cerámica ou resina.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.