O Monumento aos Galeóns de Rande (tamén coñecido popularmente como As Áncoras) está erixido sobre o monte do Castro e con vistas á Ría de Vigo, e intégrano as áncoras procedentes de tres das decenas de navíos que se afundiron na ría de Vigo durante a Batalla de Rande (1702). É unha obra do arquitecto Desiderio Pernas que ten por obxecto servir de memoria da citada batalla, na que se enfrontaron a armada anglo-holandesa e unha frota española escoltada por outra francesa. Conta a lenda que os tesouros de que ían cargados os barcos españois afundiron cos navíos nas profundidades da ría (ou polo menos unha parte, pois sábese que lograron rescatar boa parte deles)/deles). Aínda a día de hoxe, cada poucos anos, unha expedición mergúllase na Ría de Vigo para ir na súa procura.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.