Trátase dunha talla de madeira de 6 metros de alto situada na praza Ángel Leirós; creada no 2018 polo escultor David Leirós, ten por obxecto homenaxear aos veciños voluntarios que prestaron a súa axuda para loitar contra os incendios de 2017.
Un monumento que será símbolo do recordo dos duros momentos vividos no mes de outubro de 2017, cando o municipio sufriu unha vaga de incendios. Reflicte tamén a importancia desa colaboración cidadá e das autoridades que se implicaron para salvagardar un dos bens máis prezados da localidade: os seus montes.
En palabras do autor, trátase dunha obra viva e inacabada que forma parte dun proceso, o cal é a vida de Leara (o seu nome artístico).
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.