Monumento adicado aos bombeiros para agradecerlles a gran labor desenvolvida na extinción das moreas de incendios producidos no concello.
Aínda que o obxectivo era render homenaxe a todos os brigadistas da provincia pola súa defensa dos montes, está especialmente dedicado aos falecidos en Fornelos o día 12 de agosto do 2010, Julio Martínez da Silva e Rodrigo Amo González. Estes dous brigadistas faleceron nun incendio intencionado que afectou a máis de cen hectáreas na parroquia de Oitavén.
A Escola de Cantería de Pontevedra cedeu ao Concello de Fornelos esta peza de máis de dous metros de altura que representa a figura dun bombeiro.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.