Trátase dun conxunto escultórico de bronce formado por varias pezas de grandes dimensións que parecen parcialmente sumerxidas. Unha das figuras, situada no paseo do Náutico, amosa ao nadador tirándose de cabeza.
A segunda escultura atópase na Praza da Estrela e representa ao nadador xa na auga, co esforzo marcado no seu rostro de bronce, a punto de fundir o seu brazo nunha brazada perfecta a crol.
É unha obra do escultor Francisco Leiro en recoñecemento ao esforzo dos nadadores.
Non perdas a escultura do mesmo autor situada na Porta do Sol. Non te deixará indiferente!
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.