O parque ten bambáns, tirolina, unha pequena pista de patinaxe, cancha de baloncesto, zona biosaudable, un tobogán xigante e outros elementos para os máis cativos. Na parte «acuática» temos unha pequena piscina, camiños de auga, unha ducha en forma de cogomelo. Todo funciona por quendas, non estando en funcionamento todos ao mesmo tempo. No parque tamén hai un estanque con diversos canais, e moitas ras. Ademais, na zona de xogos de auga, no parque de Sanguiñeda, pódese aprender xogando e coñecer os fenómenos fluviais de desbordamento de ríos, os fenómenos hidráulicos dos encoros e presas, as comportas e os elementos que permiten conducir a auga por traxectos distintos, a forza da auga nas fervenzas naturais ou a enerxía hidráulica que move muíños. Tamén conta cunha pequena horta ecolóxica na que hai tomates, pementos, espinacas, leitugas, herbas aromáticas…
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.