O roteiro comeza na Praza da Igrexa, segue ata o Peto de ánimas de San Lourenzo e pasa pola Casa dos Alemparte, vinculada á desaparecida fortaleza de Alemparte, derrubada na revolta dos Irmandiños do 1467. Por diante temos o acceso ao camposanto a través dunha gran escalinata, que pretende emular o ascenso ao ceo. No camiño hai puntos informativos do roteiro literario Manuel Lueiro, xornalista e escritor nado en Fornelos de Montes. Os lavadoiros que se irán atopando ao longo de camiño constitúen un patrimonio apreciable para o camiñante; lugares onde as mulleres reuníanse para lavar a roupa, socializar unhas con outras e cantar cancións populares como muñeiras e alalás.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.