Se estás na praza do concello de Gondomar, podes aproveitar para facer esta ruta. Comeza na casa do Concello e pasa polas casas de estilo indiano como Villa Sudamérica, Casa Ascensión, Casa Peralba ou Villa Brasil para chegar á igrexa de San Bieito. Igrexa de orixe medieval que debe a súa localización á existencia dunhas fontes milagrosas que se atopan a poucos metros. Dende o camiño da Feira de Doce o camiño segue pola praza da Paradela por un empedrado ata chegar a unha ponte cun peto de ánimas. E seguindo o río Morgadáns poderase ver un acueducto, ponte e muíños.
O regreso ao centro de Gondomar faise pola ribeira do río Morgadáns, onde están recuperando antigos edificios patrimoniais do concello, como o matadoiro ou o mercado. A poucos metros podemos ver a estatua homenaxe a Diego Sarmiento de Acuña, primeiro conde de Gondomar e un dos mellores diplomáticos das Cortes de Felipe III e Felipe IV polas súas boas calidades como embaixador: agudeza nos discernimentos, destreza nas negociacións e clarividencia á hora de suxerir solucións, astuto á hora de captar oportunidades, tenaz en conseguir os seus obxectivos, firme e seguro nos seus plans e propósitos. Destacando a súa especial sensibilidade para cativar o pensamento alleo sen descubrir o seu propio, moi conveniente para exercer a diplomacia.
E xa de volta, debaixo da ponte do río Zamáns, atopamos o acueducto, a ponte e o muíño.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.