O Pazo dos Marqueses en Mos atópase no barrio da Rúa á beira da antiga calzada romana que unía Braga con Tui e Santiago de Compostela, hoxe roteiro de paso dos peregrinos do camiño portugués.
Trátase dun típico pazo galego que data do sglo XVII con forma de L, construído en dúas etapas.
Era o lugar de residencia dos Marqueses de Mos ata que foi incendiado polas tropas francesas a principios do século XIX.
Actualmente é de propiedade comunal, rehabilitado nos últimos anos para devolver á construción á súa imaxe orixinal. Trátase dun edificio multiusos que funciona como un potente dinamizador cultural da parroquia e o concello, acollendo un gran número de diversas actividades
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.