Galicia é terra de mansións. Hoxe, moitos destes palecetos máxicos ligados tradicionalmente á nobreza galega abren as súas portas ao público para que o visitante poida mergullarse na historia, natureza e beleza que viaxou a estas propiedades históricas dende tempos inmemoriais. Sen ir máis lonxe, o Pazo de Pegullal constitúe un exemplo perfecto do pasado señorial da Galicia máis rural e interior das Rías Baixas. O citado pazo de pedra está enmarcado dentro dos límites do concello de Salceda de Caselas, no corazón do val do Condado de Tea. Un lugar cheo de encanto que actualmente serve de epicentro para a produción de viños, aceites, cosméticos naturais e mesmo froitas como o kiwi.
Rodeado por unha muralla e a cuxo interior leva unha porta ―flanqueada por dúas torres cilíndricas con cruces sobre remates esféricos― que ostenta o escudo de varias familias ilustres de Galicia, como Correa, Mendoza, Quirós, Sarmiento e Soutomaior, entre outros, a historia deste emblemático pazo ten as súas raíces no século XVIII. De feito, Pegullal evoca o mellor do estilo renacentista italiano. Por esta porta accédese ao edificio principal e aos seus maxestosos xardíns cheos de elementos tradicionais, como un hórreo de 14 metros de longo e 18 de pés, ou unha capela dedicada a San Benito, situada xunto a un exemplar de carballo de máis de 600 anos. A carón das beiras do Miño, o xardín señorial chama a atención pola súa particular disposición xeométrica, cuxo conxunto está adornado por unha exuberante vexetación, paisaxes de buxo, labirintos, estanques e outros elementos arquitectónicos e etnográficos de inestimable valor.
En todo caso, o inmoble no seu conxunto constitúe unha auténtica xoia patrimonial e arquitectónica, sobre todo no caso do edificio principal que conforma a casa, de estilo barroco. As referencias do inmoble remóntanse a dous séculos antes, cando Pedro de Alemparte Correa comprou a “Feligresía de Santa María de Salceda” ao rei Felipe II para construír o Pazo e a granxa Pegullal. Cómpre lembrar que nas súas orixes máis remotas este pazo galego era un pequeno convento coñecido como Convento de Santa María de Salceda, que estaba formado por un pequeno edificio que correspondería á parte máis próxima ao citado templo relixioso.
Xa a finais do século XX, arredor de 1987, o Pazo de Pegullal foi adquirido pola actual propietaria, María Rosario Andrade Detrell, que se encargou da reconstrución e rehabilitación dos distintos edificios, recuperando un patrimonio histórico-artístico sen precedentes en Salceda de Caselas. Así mesmo, a propietaria tamén soubo ver o potencial natural e paisaxístico do medio e promoveu a creación e establecemento de novos elementos exteriores como estanques, fontes e especies florais como a camelia. E no que se refire á explotación agrícola, ademais de producir viños, kiwis e outras froitas hortícolas, dende 2013 tamén se comercializan diferentes produtos da marca Pazo de Pegullal, elaborados baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas, entre eles Albariño Tanto Me Da e Heritage; o aceite de oliva virxe extra Olivar D’Pegullal así como varias coleccións de cosméticos naturais elaborados con aceite de camelia. Por outra banda, cómpre sinalar que na actualidade tamén se pode participar nunha visita guiada con degustación para descubrir en primeira persoa o encanto e a historia deste pazo galego.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.