O pazo atópase na Parroquia de Louredo (San Salvador). A construción orixinal data do século XVI, aínda que algún historiador o encadra no século XIV, foi reconstruído no século XVIII. Vincúlase á liñaxe dos Lanzós e Taboada. Trátase dunha sólida edificación que responde a un esquema de planta rectangular con dúas alturas, muro e peche almenado, caracterízase polo seu aspecto compacto e austero. A fachada principal oriéntase ao leste. Neste pazo, onde impera unha absoluta austeridade, aparecen catro xanelas rectangulares. A fachada oposta repite a mesma estrutura e sobriedade. O pazo conta cun muíño e unha capela do século XVI.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.