Sabes que son as pedras de acordo?
Estas pedras, poderiamos dicir que son os precedentes aos nosos marcos. Eran pedras que indicaban o punto exacto da división de concellos e incluso das parroquias. Estas do Aloia separan os concellos do Porriño, Tui e Gondomar e, na antigüidade, separaban cinco parroquias, Malvas, Rebordáns, Pazos de Reis, Chenlo e Morgadáns. Labrada directamente sobre unha rocha que sobresae, as súas cinco caras marcarían a posición das cinco parroquias que aquí coincidían. Nestas caras hai diversas inscricións e iniciais en alusión ás parroquias e posteriormente aos concellos.
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.