Sabes que son os petos? Os petos das ánimas son pequenos santuarios realizados, xeralmente, en pedra granítica que podemos atopar nos camiños, encrucilladas e igrexas de Galicia. Serven para manter a lembranza das almas do Purgatorio e rogar por elas. Cumpren unha dobre función: por un lado evidencian a boa acción de quen os manda construír e, por outro lado, son un beneficio para as almas en pena da comunidade. Permiten dar esmolas e moitos deles levan inscricións. Os devotos poden velas e rezar fronte á imaxe que adoita presidir estes pequenos santuarios.
Este de Vilán é un Peto de tipo pechado con hornacina de arco de medio punto protexido con reixa metálica. O corpo do peto finaliza cunha decoración moldurada e cunha pequena cruz e data de 1904. É un cruceiro situado fronte ao antigo concello, construído no século XVIII para os crentes que normalmente levaban patacas e millo.
Un pouco máis adiante podes atopar o peto de San Lourenzo.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.