Sabes que son os petos? Os petos das ánimas son pequenos santuarios realizados, xeralmente, en pedra granítica que podemos atopar nos camiños, encrucilladas e igrexas de Galicia. Serven para manter a lembranza das almas do Purgatorio e rogar por elas. Cumpren unha dobre función: por un lado evidencian a boa acción de quen os manda construír e, por outro lado, son un beneficio para as almas en pena da comunidade. Permiten dar esmolas e moitos deles levan inscricións. Os devotos poden velas e rezar fronte á imaxe que adoitan presidir estes pequenos santuarios.
Este é un peto de recente construción, do 1943, en pedra granítica. No interior pódese ver a imaxe de San Lourenzo e aos pes do mesmo o caixón das esmolas. O conxunto finaliza cunha cruz tipo latina.
Tamén en Fornelos de Montes podes visitar o peto de ánimas de Vilán.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.