Trátase duns petroglifos que se atopan no monte Penide, pertencente á parroquia de Trasmañó. Alí, a unha altura de 340 metros e moi preto da área recreativa do mesmo nome, localízase un conxunto de cinco rochas adornadas con diferentes motivos milenarios. Poderemos acceder ao lugar pola mesma área recreativa, xa que se sitúan a uns 100 metros desta, que hoxe en día é de recreo pero que no seu solo garda grandes segredos históricos. Proba diso, ademáis dos gravados, son os restos de mámoas, aínda que son case imperceptibles.
Loading...
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Maps failed to load
Sorry, unable to load the Maps API.