Animámoste a atopala! Ponte romana sobre a que se construíu unha ponte medieval no 1114, no século XII, e ben de interese cultural que forma parte do antigo Camiño Portugués a Santiago pola costa. Este comeza en Barcelos, entra en Galicia por Goián e únese en Redondela con outras ramificacións da ruta Xacobea. Segundo os datos que recolle o traballo “Pontes Históricas de Galicia” do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, a ponte de Mañufe é anterior á emblemática da Ramallosa. Nestes últimos anos o goberno municipal quixo “recuperar e conservar” o viaducto máis antigo da comarca e propuxo unha pasarela peonil paralela e tratar de retirar o tráfico, o menos o pesado, da ponte. Para recuperar o aspecto orixinal na medida do posible, retomaron un anteproxecto do arquitecto local Antonio Soliño para rehabilitar o monumento e o vial desde o próximo Cruceiro do Acordo ata a igrexa parroquial. Recentemente fixeron unha limpeza da súa contorna.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.