Sendeiro circular que une lugares con interese histórico local, parques forestais e vistas extraordinarias.
Comeza a ruta no Pazo dos Marqueses de Mos, atravésase o camiño portugués a Santiago e un parque forestal ata chegar á parte alta da zona, onde se atopan uns grandes penedos que, ao parecer, eran a localización dun castelo medieval. Cómpre destacar os muíños como o Muíño do Corviño e o Muíño da Ponte do Río, e penas como o Penedo da Pucha, Penide e A Pedra que fala. O cumio máis alto é o “Miradoiro da Caseta”, onde se pode gozar dunhas vistas incribles do Val da Louriña, a Ría de Vigo e todos os montes da contorna. Ao coronar o Alto do Marco pódese gozar dunha panorámica de 360º chea de mar e montaña. De volta pola ruta principal, pasa polo parque da Penacova, onde se celebra a “Festa da Prehistoria” e os últimos metros da ruta pasan polo lugar da Gándara para rematar na igrexa parroquial de Santa Baia de Mos. Entre as referencias históricas e artísticas están o Pazo dos Marqueses de Mos, a Casa Branca e un sarcófago do século XVI.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.