Esta é a primeira ruta PR-G1. Ruta circular do Galiñeiro completo: Vincios, ao monte Galiñeiro e de volta. O Sendeiro do Galiñeiro, promovido polo Club Montañeiros Celtas no 1991, foi o primeiro sendeiro de pequeno percorrido (PR) trazado en Galicia, co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra. No 2021, trinta anos despois, é revisado para axeitarse á nova realidade da paisaxe e incorpora a variante PR-G1.1. Este sendeiro circular iníciase no Merendeiro do Galiñeiro, na Comunidade de Montes de Vincios, para circular de seguido pola cara norte do Galiñeiro (cota máxima acadada 694m). Dende o pico contémplase a antiga Fortaleza do Galiñeiro (s.V a VIII). Está sinalizada en todo o percorrido e lígase co PR-G2, co o GR-58 e cos sendeiros locais de Vigo. Ten unha dificultade media pola subida ata o monte. Son entre tres ou seis horas de andaina segundo as variantes escollidas e 8,8km de distancia.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.