Situado na parroquia da Picoña, é un dos atractivos máis relevantes. Conta con afloramentos rochosos, creando agrupacións formadas por granitos de diferentes formas e tamaños. No remate da ruta destes montes, pódese continuar a visita polo sendeiro das Greas. Esta ruta atópase sinalizada ata este concello, no que podemos achar diferentes monumentos ao longo do camiño.
Salceda iníciase cun descenso no que comeza a verse a sinalización do PRG 132 que chega aos muíños do Couso, onde ten inicio. Alí tamén pasa a ruta GR58 ou tamén coñecida como Sendeiro das Greas. Nalgunhas zonas observamos descensos cara aos muíños da Picoña, onde a senda está ben orientada grazas a presenza das cruces. Ao chegar ao punto de PR-G 132, segue de fronte, onde enlaza coas sendas urbanas do río Caselas e o río Landres (os máis coñecidos de todo o concello). A senda une diferentes puntos da vila no propio percorrido. O tramo por onde transcorre o río Landres é un tramo moi intuitivo. O Faro de Budiño é o punto máis alto de toda a senda polo que a partir de aquí discorre pola cima formado por zonas chás, así como baixadas que fan destes tramos unha experiencia única.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.