Sabías que no centro de Vigo se atopa a única salina romana de evaporación solar do Imperio Romano que está musealizada? Así é! O Museo Salinae convídanos a visitar este incríbel lugar que estivo en funcionamento durante os séculos I-III d.c. É unha oportunidade única para aprender sobre a produción de sal en grande escala e a súa importancia na historia.
Antes de entrar no museo, atoparás fotografías que amosan como evolucionaron as escavacións e a recuperación da salina para poder amosalo ao público. Pero o que realmente che sorprenderá é o que atoparás baixo terra. Este museo interactivo amosa a evolución da propiedade e explotación das salinas, a decadencia destas instalacións e o xurdir da industria.
Ademais, poderás coñecer historias de sal, receitas romanas, garum, paisaxes e ecosistemas reconstruídos que forman parte desta experiencia. É un lugar que combina arqueoloxía e historia dunha maneira fascinante e educativa.
Non perdas a oportunidade de visitar este gran descoñecido, o Museo Salinae, no corazón de Vigo. Lembra que o horario de apertura é de martes a domingo, de 11:00 a 14:00h.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.