Localizado na parroquia de San Esteban de Budiño, atopamos un lugar de interese comunitario coñecido como as Gándaras de Budiño, un dos principais humidais de Galicia, soado, entre outras cousas, pola paisaxe única que posúe, ao tratarse dun lugar de confluencia de varios cursos de auga, tales como o Río Louro e o Río San Simón, ofrecendo un hábitat ideal para un tipo específico de fauna e flora (é unha zona moi apreciada para o avistamento de aves). As Gándaras de Budiño están consideradas ben de interese non só natural, senón tamén cultural, debido principalmente aos xacementos arqueolóxicos achelenses presentes na área; foron declaradas Zona Especial de Conservación (ZEC) e insertas na Rede Natura 2000. Esta característica paisaxe abarca parte de tres límites municipais: Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Neste último discorre a Senda dos Humidais, que vén definida polo escenario e hábitat dos humidais que lle da nome. En efecto, é a auga o elemento que dirixe a senda, cuxo comezo e tramo incial sitúanse á altura de Cerquido e onde o senderista ten a oportunidade de deleitarse coa observación dos muíños e as augas que traen os pequenos leitos, unificadas máis adiante coas do Río Becerreira, en cuxa depresión, nas proximidades do Río Louro, se asenta un conxunto de hábitats naturais. No bosque agarda un camiño de fabulosa apariencia, como saído dun conto, e, máis adiante, chegamos a un vertedoiro en restauración, onde a natureza tenta volver colonizar as zonas que experimentaron transformacións no pasado. Seguindo as augas que levan os regatos, chegamos a campos de cultivo e prados que albergan unha interesante biodiversidade.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.