Dende o casco urbano de Salceda, se nos situamos na Avenida de Galicia e collemos a estrada EP 2505 dirección Salceda de Caselas de Miño, ao chegar alí a 200 metros despois do Parque de A Gándara e as piscinas municipais, atopamos o inicio da senda unha vez percorrido a ponte da PO-510.Unha das figuras públicas que destaca na historia deste concello é Francisco Estévez Martínez, o avó de artistas recoñecidos mundialmente como Charlie Sheen ou Emilio Estévez. Martin Sheen (outro dos netos), protagonizando películas como “Apocalipsis Now”,”Badlands”, “The Way” e a serie “El ala Oeste de la Casa Blanca”. Era natural da parroquia de Parderrubias e emigrou de novo primeiro a Cuba e despois aos Estados Unidos. Francisco casou coa irlandesa Mary Ann Phelan, coa que tivo 9 fillos e unha filla dando nome a este particular espazo. Os netos deste salcés, ambos recoñecidos no mundo do cine e máis o teatro, son un orgullo para todos os habitantes polo amor que tiña este polo lugar que o viu nacer, pois transmitiu ese amor pola súa orixe ás seguintes xeracións. Millóns de galegos e galegas deixaron as súas terras na procura dunha mellor vida.
Na senda do río atopamos un conxunto etnográfico como o Muíño do Seixo, Lavadoiro do Seixo, Muíño do Ghurito, Muíño do Medio, Muíño do Buraco, Muíño das Laxes do Torrón. Salvo o Muíño do Medio, os demais aparecen citados no Catastro do Marqués da Enseada de 1752. O Lavadoiro e os Muíños do Seixo e do Medio pertencen á parroquia de Parderrubias mentres que á parroquia da Entenza pertencen os Muíños do Buraco e Laxes do Torrón. Un dos muíños coñecido como O Muíño do Ghurito abarca dúas parroquias. Un dos muíños quedou sen reconstruír, O Muíño do Buraco conservando a construción inicial que data no ano 1752, espazo que nos serve como exemplo ilustrativo da situación na que se atopa unha parte importante do Patrimonio Material e Histórico de Galicia.
O río Landres (afluente do río Caselas) cunha lonxitude de 2,8 km recolle as augas dos montes da Brava e do Alto da Forca (parroquia de San Xurxo) e dos montes do Fontán, da Presa e Penedo Redondo a través do regato de Santo Tomé onde xunguen augas abaixo da Ponte do Ameal. Polo sur, localízanse os montes da Caldeiriña, da Cerdeiriña e do Espicho do Faro compartindo territorio das parroquias da Entenza e Parderrubias. Neste tramo, hai un certo desnivel xeograficamente falando durante todo o percorrido. Complétase o conxunto de recursos turísticos dos que dispoñemos para visitar coa presenza da poza e Ponte do Seixo (que conecta a vila da Esfarrapada coa estación de tren de Caldelas de Miño no municipio lindante de Tui), o antigo Matadoiro Municipal construído no ano 1950, que deixa de funcionar no 2005, o lavadoiro do Seixo (1957), e o conxunto dos muíños mencionados anteriormente citados no destino.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.