Este sendeiro que é o máis longo de Galicia, abarcando un total de 11 concellos, transcorre por oito dos concellos pertencentes á mancomunidade, sendo un deles Salceda de Caselas. Segue de maneira circular nesta zona e está sinalizado por franxas vermellas e brancas. Transcorre por diversos recursos medioambientais como os Muíños da Devesa, carballeira de Barragán, Fraga e Ribeira de Couñago, foxo de lobos, bosque das ribeiras do río Borbén, o río Zamáns, e os muíños das Maquías, marismas do Miñor, a fraga de Oliveira. Non podemos esquecer importantes construcións que serven para interpretar a historia do lugar como o conxunto megalítico de Monte Penide e a Mámoa do Rei, o castro de Chandebrito.
Sendeiro das Greas (GR58): transcorre polo concello de Vigo, do que dispoñemos información no miradoiro do Vixiador. Neste atopoamos diferentes elementos que foron examinados polos antropólogos, xa que son de relevancia e constitúen parte da historia do lugar.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.