Ruta que goza dun especial atractivo dende o punto de vista paisaxístico, as formacións vexetais autóctonas, ademais da beleza visual resulta de indubidable interese turístico. Como é lóxico, ao tratarse dunha zona de montaña, son poucos os asentamentos que ao longo da ruta se poden atopar, pero non son poucos os motivos polos que o sendeirista pode chegar a se sentir atraído para adentrase nesta comarca. Sen dúbida algunha o primeiro de todos eles é a espléndida e marabillosa paisaxe na que se mesturan elementos distintos que despertan inmediatamente a admiración: altas montañas de rochas espidas, aldeas dispersas, e un clima benigno en época estival convidan á práctica desta modalidade de turismo verde.
O itinerario de percorrido comprende as zonas de Pedra Pinta-Cruce de Camiños-Canteiras de Mos–Os Focas-Cruce-Vértice geodésico As Sete Paredes que comprende unha duración total de 8/10 horas en ascenso.
A ruta iníciase na Pedra Pinta e finaliza nas Sete Paredes, no límite do término municipal co Concello de Pazos de Borbén.
Os lugares de interese son A Parroquia de Louredo, Torre Medieval, Cruce de Camiños (Mirador natural), dende alí pódese contemplar os vales do Louro e do Tea.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.