Antigo teatro García Barbón, hoxe Teatro AFundación.
Espazo que conta cunha capacidade para 994 persoas. Sitúase en pleno corazón de Vigo (Policarpo Sanz) e nel danse diferentes tipos de eventos recollidos na programación. Trátase dunha obra de recuperación de patrimonio histórico sobre o teatro García Barbón, proxectado a principios do século xx polo arquitecto Antonio Palacios. O seu estilo califícase de eclecticismo academicista, coas características curvas do arquitecto galego, que se inspirou na Ópera Garnier de París. Este edificio é un dos máis emblemáticos da arquitectura histórica viguesa, destacando no seu exterior o excelente tratamento de cantería, executado en granito blanco das canteiras de Castrelos. No interior Palacios puso o énfase no acceso ao teatro cun amplo vestíbulo oval e unha escaleira de honra, iluminada cenitalmente a través dunha vidrieira realizada pola Casa Maumejean.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.