Aquí tes a vía verde Vigo-Chapela. Senda que percorre a antiga vía do tren Vigo-Coruña con aproximadamente 11 km. Transcorre no tramo entre os concellos de Vigo e Redondela, dende a estación Vialia de Vigo ata a antiga estación de Chapela. Son 1,6 kilómetros ata o límite co concello vigués, con fronteira marcada por un arco, e catro ata Vía Norte. En total 5, 6 Km para pasear con vistas á ría. Abríu a finais do 2021.
Este roteiro é unha antiga vía de tren habilitada co fin de brindarlles unha nova vida ás vías que quedaron en desuso cando se soterrou a entrada do tren en Vigo. Agora é un centro de reunión e esparcemento ao que todos os días acode a veciñanza a pasear, ir en bici, patíns, utilizar a zona biosaudable ou simplemente utilizala para ir ata a nova Estación de Vialia.
Existen zonas de descanso, algunhas con árbores de nova plantación, para protexernos do sol nas estacións máis calorosas, un antigo lavadoiro restaurado polo obradoiro de cantería “Redondela Máis que Bella”, bancos con vistas á ría, carril bici marcado cunha pista verde no tramo de Vigo e carril compartido xa na zona de Chapela. Hai tramos onde aínda se poden ver os raís por onde pasaban os trens e algún dos sinais propios da vía ferroviaria. Ten iluminación nocturna, xa que aproveitaron as columnas metálicas da catenaria para colgar puntos de luz.
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Sorry, unable to load the Maps API.