Zona de sete camiños
No límite con Budiño (Porriño) e Parderrubias (Salceda de Caselas) (Lat. 42° 6’6.68″N, Lonx. 8°35’6.78″O), nas inmediacións do Penedo Redondo e o cemiterio de Parderrubias, atopamos un espazo mitificado a través de diversas lendas nas que se teñen reproducido ritos de diversa índole no centro da unión dos 7 camiños, marcado polas profecías.
O especial interese deste espazo tradúcese na existencia de Succisa pinnatifida, unha especie incluída no catálogo do libro Vermello de especies en perigo de extinción e que ten unha poboación relevante. A importancia desta especie é que só se atopa en tres puntos do espazo galego, polo que a súa presenza é moi importante para tela en conta e preservala.
A especie dominante a nivel arbóreo é o piñeiro rubio nuns rodais de estado bastío e fustal, acompañado por vexetación de mato e de gramíneas nas zonas de maior cobertura arbórea.