Unha das opcións que tes cando quedas en grupo é camiñar polo monte. En Gondomar existe unha ruta con diferentes tipos de dificultade onde atoparás pistas e monte: O Monte Galiñeiro.
Por todo o percorrido dispós de pistas forestais, na parte central, e tramos máis agrestes na subida ó Galiñeiro.
Cando saímos de Vincios, existen innumerables camiños e sendas ata que chegamos ó Refuxio do Club de Montañeiros Celtas. Este é o punto de partida para quedar se queres facer escalada.
Unha boa opción é levar GPS para poder ter claro a dirección a seguir aínda que cunha ollada arredor non e difícil orientarse.
Unha ruta para gozar da montaña, das cabras e das vistas (se non hai néboa).
Misión: ademais de atopar as cabras, descubre os restos do castelo medieval que houbo no cumio. E se quedas por abaixo, atopa os petroglifos da Auga da Laxe.