Roteiro Sobral-Aranza

Trátase dun roteiro liñal, cunha lonxitude total (ida e volta) de 5.600 metros, que comeza na Casa de Pescadores do río Oitavén e remata na aldea das Carballas.

Antes de comezar a camiñar, o visitante pode gozar das vistas do río Oitavén e admirar a Ponte da Barca ou incluso achegarse a visitar o muíño Vello.

O itinerario comeza na parte traseira da Casa dos Pescadores e sube por un pequeno carreiro paralelo a un regato ata chegar á área recreativa que conta cunha carreira de birlos celtas e na que se atopa a Fonte da Tella. A partir deste punto, e ata o final do percorrido, o roteiro coincidirá co trazado do Sendeiro das Greas.

Deixando atrás a área recreativa, o visitante percorrerá durante 1.500 metros unha pista forestal a media ladeira no val do río Oitavén.

Despois abandonará a pista para percorrer os últimos metros pola estrada ata chegar ao Val de Aranza.

Goza de toda a fauna e vexetación autóctona que podes atopar no camiño. Aves, réptiles e peixes coma píntegas, arnaus, miñatos, lontras, esquíos, ourizos, paporrubios, troitas, salmóns e carballos, castiñeiros ou piñeiros.

Misión: xogar unha partida de birlos celtas. Atopar as pozas de Aranza.

Scroll ao inicio