Turismo Redondela organiza roteiros ambientais relacionados co Ecoturismo e educación ambiental para dar a coñecer os espazos naturais do concello.
A programación ofrece unha variedade de actividades nas que a maioría delas son de balde:
- Luns 4 setembro: Visitas guiadas: ” A Vila pola Tardiña” De balde.
- Xoves 07 de setembro: kayak medioambiental pola Enseada de San Simón 15 €/ persoa.
- Venres 08 de setembro: Paseo nocturno por Cesantes. De balde.
- Sábado 09 de setembro: Ruta do río Fondón, 7 km. De balde.
- Domingo de 10 setembro: Ruta en kayak pola Portela. 15 €/persoa
- Luns 11 de setembro: Visitas guiadas: “A Vila pola Tardiña”. De balde.
- Venres 15 de setembro: Ruta en bici pola Portela. De balde.
- Venres 15 de setembro: Paseo nocturno por Cesantes. De balde.
- Sábado 16 de setembro: Obradoiro: Un carballo dentro dunha bota. De balde.
- Domingo 17 de setembro: Ruta do Monte Penide, 8 km. De balde.
- Luns 18 de setembro: Visitas guiadas: “A Vila pola Tardiña”. De balde.
- Domingo 24 de setembro: Ruta en bici pola Senda da Auga. De balde.
- Venres 29 de setembro: Visita guiada ao Cemiterio dos Eidos. De balde.
- Sábado 30 de setembro: A Gamela que Pesca Historias. Rutina itinerante para crianzas. De balde.
- Sábado 30 de setembro: Rutas das Pedras en Ventosela, 9 km. De balde.