No concello de Soutomaior temos dous exemplos máis de empresas boiantes que tiveron distintos finais: a Empresa Ramón Laforet, antiga fábrica de carburo de calcio, agora reconvertida nun centro multiusos municipal, e Ferrerías Arcade, agora en ruínas ao carón das vías do tren.
Se estás por Arcade, podes achegarte ás dúas dando un pequeno paseo. Se vas no coche, podes deixalo no peirao e ir andando ata ás dúas edificacións.
Se tes tempo podes ampliar esta ruta e aproveitar para achegarte ao monte da Peneda, dende onde terás unhas vistas incribles de toda a ría, ou ao castelo de Soutomaior, onde ademais do castelo poderás gozar dos seus xardíns, as súas variedades de camelias e das súas árbores centenarias.
Misión: Atravesar a ponte levadiza coma unha personaxe do medievo.
https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/rutas-industriais-soutomaior-terras-atlanticas-141080506