En Redondela xa está en marcha o servizo de Tren Turístico, unha iniciativa que permite coñecer os puntos máis destacados da vila que está dirixida non só a persoas que peregrinan e visitantes, senón tamén a veciñanza que, dunha maneira distinta ao habitual, poderán percorrer a súa vila e mirala desde unha perspectiva distinta.
O Tren Turístico terá a súa saída desde a rúa Xeral Rubín, un lugar de fácil localización tanto para as veciñas e veciños como para as persoas peregrinas e visitantes, para desde aí pasar pola rúa Mendiño ata ao porto de Cesantes, e deseguido pola rúa Catapeixe, dirixirse á praia de Cesantes onde fará unha pequena parada para volver ao seu punto de destino e mesmo as persoas usuarias poderán gozar das actividades do Kite Fest, todo un espectáculo deportivo.
O punto de saída poderá ser cambiado cando a Policía Local considéreo oportuno con motivo de eventos especiais como poden ser días de mercado, festas ou eventos que orixinen calquera tipo de incompatibilidade co punto habitual de parada.
Horarios:
O horario pola mañá para as saídas dende a vila é as 12:00 e as 13:00 horas. Pola tarde, cada hora dende las 15:30 hata as 19:30 horas.
O regreso dende a praia pola mañá é as 12:30 e as 13:30 horas. Pola tarde, cada hora dende as 16:00 hata as 20:00 horas.
O prezo da viaxe é de:
- 5 euros, ida e volta
- 3 euros para nenos dos 3 aos 12 anos, ida e volta
- os menores de 3 anos viaxan gratuitamente.