Fornelos de Montes. Ruta dos Chozos de “A Laxe”


Tipo de ruta: Circular e sendeiro de montaña

Lonxitude: 10,419 km

Desnivel: 614 m

Dificultade: Media, ten tramos de desnivel pronunciado.

Duración: 4 – 6h

Perigosidade: Os desvíos cara as fervenzas requiren de moita atención e habilidade por seguridade persoal.

Recomendacións: Para días non moi calurosos, como primavera e outono. Cando non faga moito vento e chuvia. Pantalón longo, calzado antideslizante e protección solar. Non para nenos nin para persoas de movilidade reducida. Áreas descanso en “Chan do campo de arriba” con aparcamento e en “Chan do porto”. Servizos en Fornelos de

Montes.


A ruta dos chozos situada na Serra do Suído, atravesa unha parte da parroquia de A Laxe a través dun escenario natural de especial riqueza, concretamente no lugar da Airoa. A temática principal da senda, xira en torno a gandaría e os restos etnográficos propios desta tradicional forma de vida. 

O pastoreo é unha das actividades económicas que se vén practicando, dende moi antigo, na meirande parte das aldeas que bordean as serras. Isto foi así ata o descubrimento de América, momento en que chega a pataca e o millo e, o pastoreo pasa a ser secundario. Aínda así, seguense usando ata o século pasado.

Entre os atractivos deste roteiro atopamos cascadas, pozas fluviais, augas cristalinas, cumes, cotos, antigas pontes, camiños empedrados e os poblados de chozos.

Sairemos dende Fornelos comprobando que temos todo o necesario. 

Para chegar o noso destino, en Fornelos de Montes hai que coller a carreteira PO-9303 que une este concello con Covelo. Pasando A Airoa ascenderemos ata chegar a Área de descanso do Chan do Campo de Arriba onde comeza o routeiro.

Temos que ir atentos a toda a sinalización porque neste percorrido hai unha zona de adestramento de cans e unha de caza permanente. Dende Fornelos de Montes a distancia é duns 13 km e o tempo necesario para chegar é duns 25 minutos. 

A área de descanso de “Chan do campo de arriba” e un espazo facilmente recoñecible debido a que ten unha serie de esculturas que simulan mámoas e menhires.

Dende aquí saímos en dirección norte ata atoparnos cun banco de pedra cuxa ubicación nos ofrece unhas fermosas vistas da Fervenza de Casariños que é un dos atractivos principais da ruta. Está alimentada polas augas do río Uceira. Unha das características que fan especial esta fervenza e que ten dúas caídas.  

O acceso a poza que forma non está sinalizado e ten unha forte pendente polo que é necesario prestar moita atención e ter un pouco de habilidade para garantir a seguridade persoal. Hai que terespecial coidado se o chan está húmido. Todo este esforzo compensase coa visiónda propia fervenza e a vexetación de ribeira que rodea este espazo. A auga ao caer forma unha cortina de gotiñas que refrexa a luz e nos sumerxe nun mundo máxico. Non podes perder este lugar se eres un amante da fotografía.

Os bosques de ribeira serven para:

1. Estabilizar as beiras e evitar a erosión que produciría o río sobre elas.

2. Filtrar a contaminación que puidese chegar ao leito dos ríos desde os terreos lindeiros.

3. Controlar a temperatura da auga do río grazas á sombra que proxectan as árbores.

4. Achegar materia orgánica ao río actuando como sustento da cadea trófica.

5. Actuar como corredores de dispersión de especies vexetais e animais terrestres.

6. Ser un dos últimos refuxios de moitas especies animais e vexetais nun medio altamente humanizado.

7. Ofrecer refuxio á fauna piscícola entre as raíces das árbores.

De volta, ao rematar o camiño da poza, collemos o camiño ascendente a esquerda, que nos conduce ata uns pasos en pedra sobre a Barranqueira de Casariños, tras a que se sitúan os “chozos de Casariños”. Atoparemos un “cercado” cunha “cancela de acceso”. Temos que abrila para continuar co roteiro pero debemos deixala de novo pechada para que non se escape o gando que vive ceibo no recinto. Os Chozos son construccións de pedra, o principal material que forma parte do entorno, empregados como refuxio ou vivenda temporal (durante os tres meses de verán, coincidindo o seu comezo con San Benito e rematando o 8 de setembro) para salvaguardar aos pastores da zona. A única riqueza de que dispoñían os labregos nestas terras montañosas, con moi duras condicións do medio, era, en boa medida, o gando e a súa crianza. Para a construcción dos chozos usabanse pedras sen argamasa. O teito está formado por laxas de pedra que se superpoñen, creando unha estrutura forte e duradeira.

Dende aquí, seguiremos polo camiño que neste tramo ten unha das mellores panorámicas do percorrido. As veces está enchoupado polo paso dalgúns regatos e ten algún tramo pedregoso. Seguindo os muiños do parque eólico chegamos ó pé do “Xesteiro de Airoa”, un recinto de pedra que servía para protexer o gando e, constitúe un perfecto mirador cara o val do río Verdugo, coa Ría de Vigo e as illas Cíes ao fondo. 

O camiño de acceso ao “Xesteiro” é bastante pendente pero vale a pena facer o esforzo polas vistas e para ver a construcción.

Que é un xesteiro ou sesteiro? O pastor, xunto co rabaño, dirixianse ó mediodía a un lugar elevado onde circulara o vento para comer e botar a sesta o tempo que se protexe o gando da calor e das picaduras das moscas. A eses lugares fresquiños chamaselle xesteiros ou sesteiros. Hoxe en día, o gando que está ceibo no monte ten a costumbre de acudir a estes por mor de estar o fresco e alonxarse dos insectos nas horas fortes da calor.

Retomamos o camiño polo que víñemos e comezamos o descenso cara a Pasarela do Río Valdohome. Unha vez que a atravesamos xa estamos na área de descanso de “Chan do Porto a Prado” onde poderemos facer unha paradiña para repoñer forzas ou, incluso para xantar. Aquí dispoñemos dunha mesa de pedra con sitio para sentarse e unha fonte, que cando ten auga é auga potable. 

Nesta área de descanso temos as indicacións para continuar cara o cume do Coto dos Ladróns. Temos que ser coidadosos o elixir o camiño xa que non é o que está detrás da pedra sinalizadora, senon o que está a dereita. Un pouco máis adiante temos unha bifurcación para seguir ata o Coto dos Ladróns ou ir a Pedra de abalar. Esta atópase no meio dun incrible espazo formado por grandes rochas graníticas. 

É moi aconsellable facer o esforzo de subir ata o Coto dos Ladróns tanto polas vistas como pola historia que rodea este punto. Debido a proximidade ao camiño que une Pontevedra con Ribadavia (camiño dos arrieiros), este coto convertiuse en refuxio de asaltantes de camiños como “Pepa a Loba”. En épocas maís recentes cóntase que os ladróns de gando agardaban no coto ata a noitiña, cos animais que roubaran, para logo pasalos a Portugal e vendelos alí.

Datos de interese

¿Quen era Pepa a Loba?

Unha figura de lenda: a Robin Hood galega. A súa profesión, bandoleira no século XIX. Polo visto asaltaba camiños e roubaba aos caciques e aos curas. Din que dirixía a súa propia banda de ladróns e falase das súas aventuras en toda Galicia. Sólo hay unha referencia escrita que parece probar a súa existencia, Concepción Arenal, escritora e penalista, escribe sobre ela despois dunha visita o carcere da Coruña. O escritor Carlos Reigosa, autor dunha novela sobre a súa vida, di que según as súas fontes, a famosa bandoleira debeu de nacer no norte da provincia de Pontevedra na década de 1830. Barállase que houbera máis dunha Pepa a Loba, pola extensión do seu territorio de actuación.

Dende ahí hai que regresar, de novo, a área de descanso de Chan do Porto. Unha vez que estamos en “Chan do Porto”, atopamos unha ponte de pedra, sobre un regato, en dirección oeste, que nos leva ao asentamento de chozos cos seus respectivos cortellos, máis importante do roteiro: “Corral do Porto”. ¡Abrallante!, está na ribeira do rego Valdohome, é como volver ao pasado. Os cortellos son cerrumes con valados de pedra para gardar o gando de cadansúa familia. Esto e un poboado, casi unha aldea, con todo tipo de instalacións onde habia varios moradores e unha grande actividade.

Volvemos a Pasarela que voa sobre o regato Valdohome, agora seguindo unha pista forestal que leva directamente ata a Fervenza Coto Grande que recibe as súas augas do mesmo regato que acabamos de cruzar. O acceso ata a mesma é a través dun desvío de ida e volta no que hai que prestar moita atención a seguridade persoal. Esta cascada forma

parte dun tramo duns 900 m. onde as augas do río baixan encaixoadas formando pozas, rápidos e outros saltos entre os grandes «bolos graníticos» do curso fluvial. 

Seguimos sobre un fermoso conxunto de camiños empedrados nalgúns tramos. Poden resultar un pouco perigosos en días de choiva pola forte pendente que presentan. Polo camiño podemos ver o monte do castro e a súa capela. E así, camiñando costa abaixo, chegamos ata A Ponte da Estalga que cruza a Barranqueira de Fonte Uceira. O día que fixemos esta ruta a cancela da ponte estaba pechada pero e facil saltala. Si poideras abrila, recorda que tes que volver a pechala para que non escape o gando. 

Dende aquí podemos ir directamente ata o Mirador da Laxe seguindo as indicacións do sinal e camiñando cara arriba. Este mirador está situado no cume tras o lugar de Airoa e ten vistas panorámicas cara o monte do Castro. Outra opción e desviarnos un momento para contemplar as fermosas vistas dende este monte, ao tempo que podemos ver a capela do Cristo Redentor, que está sobre él. A capela e de construcción recente pero non por elo perde o seu encanto.

E xa, en derradeiro lugar, tocanos afrontar a subida final do noso percorrido que nos leva, de novo, cara o comezo da Ruta na Área de Descanso de “Chan do Campo de arriba”.

Scroll ao inicio