Mos. Ruta Louro-Mos.

É un roteiro que xira principalmente ao redor de dúas atraccións: a Senda do río Louro e o Pazo de Mos. 

A senda do río Louro considérase senda azul e é un tramo de aprox. 3km que poderán realizar todos os membros da familia: dende os máis cativos ata os maiores. Só poderase facer andando, a excepción dos nenos menores de 12 anos que poderán facela en bicicleta, todos os demais medios de transporte están prohibidos. 

O Pazo de Mos é outro dos puntos máis salientables deste roteiro pola súa importancia histórica. Ademais atópase nunha zona onde se ofrecen moitos servizos de apoio: restaurantes, igrexas, bares, fontes… 

Cabe destacar que tanto a Senda do Río Louro como o Pazo de Mos contan con parking gratuíto.

Tipo de ruta: Circular e rural 

Lonxitude: 7,62 km 

Altitude: 154 m 

Desnivel: 104 m 

Dificultade: Baixa 

Duración: 2h 

Perigosidade: Nos camiños do Eido Vello e das Cortiñas pasan os coches e non hai beiravía. 

Recomendacións: Perfecta para todo o ano, pero evitando as horas de sol no Camiño de Santiago e Eido Vello-As Cortiñas. 

Apta para todo o público. 

Calzado cómodo.

Áreas de descanso: Pazo de Mos, Parque da Pesqueira. 

Tamén hai bancos e zonas sombrías na Senda do Louro. 

Hai varios restaurantes e bares na zona ademais de parkings gratuítos.

O xeito máis doado para acceder a esta ruta é achegarnos ata Mos e dende alí hai indicacións ata chegar ao Pazo. Unha vez alí, poderás estacionar o teu vehículo, de balde, no aparcadoiro. 

É aconsellable visitar o Pazo de Mos, unha das principais atraccións do municipio. Esta é unha zona moi concorrida xa que ao seu carón pasa o Camiño de Santiago e transitan moitos peregrinos e, tamén representa un lugar de xuntanza para todos os mosenses. 

A construcción do Pazo data do século XVII e orixinalmente pertencía á casa de Soutomaior sendo Gabriel Quirós en 1586 o primeiro marqués do Pazo. O edificio era residencia dos marqueses de Mos ata que foi destruído polas tropas francesas a comezos do século XIX. No ano 1970, pasou as mans de “Frigoríficos do Louro” e convertiuse nun matadoiro, para ser adquirido máis tarde polo Grupo Coren que cedeu a súa propiedade á veciñanza.

Tras un período onde o Pazo atopábase nunha situación de abandono, foi reconstruído na primeira década do século XXI. Actualmente, é a sede da Fundación Pazo de Mos que está composta pola Comunidade de Montes da Parroquia de Mos e a Asociación Veciñal de Santa Baia de Mos. No núcleo que rodea o pazo atopamos moitos atractivos como: cafeterías e restaurantes, punto de información, parking gratuíto, un parque biosaludable e un mirador con vistas ao Monte Galleiro. 

 Anécdota histórica 

Pazo de Mos 

O pazo atópase ao carón dunha antiga calzada romana que unía Braga con Astorga e que vai concidindo en boa parte co Camiño de Santiago. Este camiño pasa xunto a igrexa de Santa Baia de Mos.

Unha vez finalizada a visita o Pazo, baixamos uns 50 metros cara a Igrexa de Santa Baia de Mos. Esta foi construída baixo a petición dos marqueses de Mos a finais do século XVI, sendo unha obra clasicista que destaca tanto pola súa beleza como pola súa elegancia. 

No seu interior podemos admirar uns retablos barrocos que son un exemplo excepcional da arte relixiosa da época. Aínda podemos ver algúns frescos nas paredes e bóvedas da igrexa que permiten imaxinar como sería o seu aspecto orixinal. Ademais, cabe destacar que no ano 2011 a súa contorna sufriu un proceso de mellora e agora podemos considerar este recuncho coma un dos mellor conservados do concello de Mos. 

A súa importancia patrimonial e o seu valor artístico fan que sexa un lugar de obrigada preservación e visita para todos aqueles que queiran aprender máis sobre a nosa cultura e tradicións.

Unha vez rematada a visita a igrexa, continuamos o roteiro avanzando uns 250 metros polo camiño Sánchez Freire ata a primeira rotonda, alí collemos cara abai xo e percorremos un kilómetro sen desviarnos, pasando polo Camiño do Castro e polo Camiño Sánchez Freire. Despois nos desviamos cara esquerda polo Camiño da Gata e percorremos 150 metros rectos antes de desviarnos cara a esquerda e iniciar a Senda do río Louro.

¿Sabías que? 

Igrexa Santa Baia de Mos 

No ano 2022 realizáronse unhas obras de conservación e restauración da Igrexa: humidades, fachadas e paredes do templo. Ademais, tamén rucuperáronse as tumbas cos corpos dos antigos marqueses que atopabánse enterrados no interior da Igrexa. Este proxecto foi financiado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia cun orzamento total de 48.000 €.

A Senda do río Louro é un percorrido de tres kilómetros completamente chairo que ten o chan compactado. Ao longo do traxecto atopamos paneis explicativos nos que informase acerca da flora, fauna e outros reclamos do camiño. Transcorre a carón do río Louro e a vexetación está en bo estado de conservación contando con árbores como: ameneiros, abeleiras e loureiros.

O tramo presenta a vantaxe de ser unha ruta sombría e chá, está en moi bo estado e moi ben sinalizada, polo que a súa realización é moi doada sendo apta para todo tipo de públicos. Haberá que ter en conta que o camiño só se poderá facer a pé, a excepción dos máis cativos (menores 12 anos) que poderán facela tamén en bicicleta. Ademais conta con dous parkings gratuítos: un no inicio do percorrido e outro no Parque da Pesqueira a metade do camiño. 

Os principais reclamos desta senda son os seguintes: o parque da Pesqueira, o parque de auga da Pesqueira, o muíño da Pedrosa, o muíño da Ramona e o propio río Louro. 

Ao finalizar a senda continuamos o percorrido polo Camiño de Eido Vello. Neste punto iniciamos a parte de maior pendente da ruta chegando aos 154 metros de desnivel. Aquí poderemos disfrutar das vistas ao Monte Galleiro. Este é o tramo de maior perigosidade da ruta, xa que debemos atravesalo pola beiravía. Continuamos recto uns 800 metros e, a continuación, viramos cara a esquerda polo Camiño das Cortiñas. 

Seguimos, sen desviarnos, 400 metros por este camiño ata coller a Estrada Alto Barreiros que é un tramo polo que pasa o Camiño de Santiago. 

Este tramo conta cunha vía habilitada para os camiñantes. Dende ahí, recorremos 600 metros e chegamos ao cruceiro de ánimas do Santo Cristo da Victoria.

Este cruceiro está situado nunha encrucillada da Estrada Real que comunicaba Tui con Pontevedra, con unha terceira vía que comunica dúas parroquias do antigo Coto dos Marqueses de Mos. Orixinalmente, estaba na outra beira do camiño (a uns 20 metros) pero entre finais dos 70 e principios dos 80 foi trasladado a súa ubicación actual, debido ás obras de ensanche da estrada. 

Este cruceiro, que foi feito no ano 1733, pode ser o único da provincia de Pontevedra que está policromado, cousa que era habitual neste tipo de monumentos. A imaxe orixinal está gardada na Colexiata de Santa María, no casco vello de Vigo e a que vemos agora é unha reproducción. 

Logo, camiñamos uns 100 metros e nos desvíamos polo camiño da Rúa, baixamos uns metros e atopamos a Fonte dos Cabaleiros e dende ahí vamos cara ao Pazo de Mos para así finalizar o roteiro.

Scroll ao inicio