Redondela. Paseo da Portela.

O Paseo da Portela é un sendeiro situado no concello de Redondela, un paseo costeiro que permite disfrutar da brisa da ría de Vigo e coñecer a historia mariñeira da cidade.   

Exténdese ao longo da desembocadura do río Alvedosa grazas a unha plataforma de madeira. Nel é posible disfrutar de fermosas vistas ademais de ser un punto estratéxico na observación de aves mariñas que son o maior atractivo do litoral desta vila. É tal a importancia da biodiversidade nesta ruta que dende o ano 2004 pertence á Rede Natura 2000.

Como chegar: Se se acude en coche, pódese deixar no aparcadoiro gratuíto da EDAR. 

Oficina de turismo: Rúa Isidoro Queimaliños, nº 2, Redondela – 986 40 17 13 – Lunes a Sábado de 11:00 a 19:00.

Comezamos o paseo tras atravesar a ponte de madeira do río Alvedosa, desde a que xa podemos observar os primeiros exemplos da fauna do río. Normalmente poderemos ver os parrulos que habitan na zona. Xiramos á dereita e deixamos de lado a cidade para adentrarnos na natureza seguindo unha ampla plataforma de madeira de 2 km. que nos levará ata o barrio da Portela. 

O primeiro que atopamos tras uns metros camiñando son os restos da “escollera” construída para indicar o punto de maior calado para os barcos que circulaban pola zona. Na Idade Media o porto comercial de Redondela atopábase no centro da cidade, onde hoxe en día está situada a Alameda de Castelao. Esta antiga ponte supoñía a división da vila de Redondela en dous: A Vilavella e a Vilanova. 

Todo isto cambiou a principios do s. XX, ao irse perdendo profundidade de calado e pasou a convertirse nun porto de pasaxeiros, ao que chegaban moitos barcos con visitantes á cidade, sobre todo os días de mercado.

Para intentar manter o porto vivo, nos ano 1920 canalizouse o curso do río e o porto trasladouse ao barrio de A Portela, exactamente onde se poden observar os restos da “escollera” construída para indicar o punto polo que debían circular os barcos. 

Uns metros máis adiante atopamos o primeiro dos dous miradoiros, en ambos atopamos dous bancos de madeira frente a “escollera”, nos cales pódese descansar e admirar a paisaxe que nos ofrece a Ría de Vigo. Estes miradoiros son perfectos para os amantes das aves, xa que durante o paseo preséntanse no entorno diferentes tipos de aves difíciles de atopar noutros lugares. Se se vai atento/a, ata é posible ver cisnes.

¿Sabías que? 

Tan só uns anos despóis de trasladar o porto ao barrio de A Portela volveu a quedar sen uso polo mesmo motivo anterior e como consecuencia naceu o porto de Cesantes, nun último intento de revivir a súa actividade. Aínda na actualidade mantense en activo.

Continuamos polo paseo de madeira que nos leva, de forma ascendente, a través dun camiño pegado ás casas da zona, sen perder nunca de vista a Ría de Vigo. Neste tramo poderedes ver vexetación distinta á que tiñamos vista ata o momento, un dos máis completos “catálogos” de especies exóticas invasoras mesturadas con outras especies procedentes da intensa actividade humana que sufriu dende sempre esta zona.

A pesar de que o Concello de Redondela viuse na obriga de pechar parte deste tramo do paseo pola caída dunha árbore de grandes dimensións, por mor dun temporal, grazas aos traballos de reposición é posible que o Paseo da Portela sega a ser de gran interese turístico na cidade, fermoso e seguro para os que o visitan. Tras subir, durante un par de minutos, descendemos pola mesma plataforma para continuar polo paseo.

Esta parte conta con varias escaleiras polas que se pode baixar ata unhas rochas xunto as que se atopan os restos de dous antigos barcos: un de madeira, coñecido como a Ghabarra e outro de metal, O Texaco. Tamén teñen nome as rochas situadas nesa zona: O Pericote, A Pedra Blanca ou A Marola. Estes elementos pódense apreciar tamén dende un banco que fai ás veces de mirador neste punto da ruta e no que ademais de permitir o descanso, invita a usar a imaxinación e pensar como sería ese barco. 

Dende este punto, cando a marea está baixa, pódese contemplar onde rematan as escolleras, dando paso a anchura da ría de Vigo. Trátase dun terreo de lodo, o cal favorece a aparición de moluscos como poden ser as ameixas, polo que é habitual encontrar alí mulleres mariscadoras durante as súas xornadas de traballo. 

Ao seguir polo paseo atopamos outro punto de interese, o peirao de A Portela, ao cal pódese acceder e baixar á plataforma para facerse unha fotografía.

As barcas de diferentes cores que se ven fondeadas indican que está preto o final do primeiro tramo, que remata uns metros máis adiante do peirao, ao chegar a unha zona merendero que conta cunha mesa de pedra e cunha fonte na que facer un descanso antes de seguir o paseo cara o Porto Cedeira. 

Pero antes de continuar cara a Porto Cedeira podes ir ata a Punta Do Socorro do barrio da Portela, o punto no que desemboca o río Alvedosa onde atoparás os restos da IME, Industria Metalífera Española, que no ano 1920 converteuse en pioneira no uso da electricidade na metalurxia.

Nos anos noventa parte da fábrica foi derrubada, sen embargo, a antiga chimenea segue en pé indicándonos donde remata Punta Do Socorro e como lembranza da riqueza industrial de Redondela naqueles anos. 

A ruta pódese continuar polo Camiño da Portela, que finaliza no histórico “peirao dos carabineiros”, un dos máis antigos da Ría de Vigo, chamado así porque, debido o enorme movemento de mercancías e persoas foi necesario establecer nel un posto do exército para facer labores de control.

¿Sabías que? 

O refuxio do “Schindler vigués”, así era coñecida a casa que se encontra na Baixada ao Peirao ata o ano 1942, utilizada polo médico vigués Eduardo Martínez Alonso para ocultar a centenares de persoas xudías que escapaban do nazismo, creando a “ruta galega”. Como doctor da Embaixada Británica en Madrid, Eduardo acudía ao presidio para comprobar a saúde dos extranxeiros detidos, aos que elaboraba informes médicos falsos nos que certificáballes algunha enfermedade grave e recomendaba a súa evacuación para evitar contaxios. Desta forma estes eran trasladados a súa casa de A Portela e, dende alí, cruzaban a fronteira con Portugal.

Pódese rematar o paseo e dar aquí a volta, pero o ano 2023, o concello de Redondela rehabilitou un camiño duns 500 m. entre a Portela e Porto de Cedeira, un novo tramo que nos permite continuar coa ruta disfrutando do barrio ata chegar novamente a ría. Esta parte da ruta comeza ao carón da Taberna Paulina, polo Camiño da Portela que sube á esquerda do bar e transcurre polo medio das casas, de forma ascendente ata o fin do paseo.

Dato de interese 

Invitamos aos que realizan a ruta a observar, nas casas, un artiluxio ideado polos veciños para que o/a repartidor/a lles deixe o pan cada mañá. O paseo continua por unha ponte dende a que faise visible a estación de tren, ademáis do taller RENFE Redondela. Este medio de transporte está moi vinculado a historia da cidade de Redondela e ten os seus inicios en torno a 1859.

Uns metros máis adiante chegamos a unha entrada á dereita que baixa a Porto Cedeira, esta entrada é Camiño Porto Cedeira e está indicado cun cartel, que aínda que pareza sinalar que continuemos recto, na dirección da frecha, para chegar ao noso destino debemos baixar polo camiño e continuar recto. 

Pasaremos por un túnel e xusto ao saír temos un cartel informativo que indícanos a duración, distancia e ubicación da ruta, ademáis de información tan interesante como algo da historia, a toponimia ou a riqueza natural da zona. Logo continuamos ata que atopamos a canle de auga que nos acompaña ata o final do paseo. 

Porto Cedeira é o destino do noso paseo ou o punto de partida para os que deciden facelo en dirección contraria e chegar dende aquí ao centro da Vila de Redondela. Ambas opcións son perfectas para coñecer parte do concello se é que estás visitando Redondela, ou inclusive para os habitantes do municipio que queiran conectar coa natureza.  

Como conclusión, o Paseo da Portela en Redondela é unha experiencia única que combina a beleza natural coa rica historia da rexión. Dende o momento en que cruzamos a encantadora ponte de madeira sobre o río Alvedosa, sumerxímonos nun entorno onde a fauna e a flora acompáñanos en cada paso. A ruta, coa súa plataforma de madeira de 2 km. non só ofrécenos vistas espectaculares da Ría de Vigo, se non que tamén invítanos a reflexionar sobre o pasado marítimo de Redondela, desde o seu antigo porto comercial hata os vestixios de barcos que aínda reposan nas súas augas.

Os miradoiros ao longo do camiño son perfectos para os amantes da natureza, brindando a oportunidade de observar aves e disfrutar da tranquilidade do entorno. Xa sexa que decidas comezar o paseo no centro de Redondela ou en Porto Cedeira, esta ruta é unha invitación a descubrir e conectar con Redondela. Sen dúbida é un tesouro que merece ser explorado, tanto polos visitantes como polos habitantes locais. 

Scroll ao inicio