Salceda. Senda Fluvial do río Caselas.

Dende onde estemos nos diriximos a Salceda de Caselas, que pode ser un punto de encontro e visto que é o centro do pobo podemos aproveitar para revisar se temos todo o necesario para a ruta ou se necesitamos comprar algo nalgún negocio. Unha vez listos nos diriximos ata “As Pontes” onde está a estrada que divide a senda en dúas partes, e a Igrexa de Santa María. Por un lado teremos o parque etnográfico dos muíños e polo outro o espazo de valentin paz andrade. Alí poderemos aparcar o coche se o levamos, xa que hay espazo a carón da beirarrúa e no aparcadoiro en fronte da igrexa. Este será o noso punto de partida.

Tipo de ruta: Lineal e rural 

Lonxitude: 4 km ( ida e volta ) 

Altitude: 53-74 m 

Desnivel: 0-15 m 

Dificultade: Baixa 

Duración: 2h 

Perigosidade: Baixa 

Recomendacións: Perfecta en primavera, ou epoca no que o chan estea seco xa que tende a embarrarse e preferiblemente nas horas onde non pegue tanto o sol. 

Apta para todo o público incluíndo aos de movilidade reducida. 

Áreas de descanso: conta con varias zoas de descanso onde hai mesas e bancos e dúas fontes ao longo da ruta. 

Para comezar deberemos cruzar con precaución xa que pasa unha senda ciclista e o paso de peatóns non está na zoa. 

Se avanzamos, atopamos unha ponte pequeniña, feita de madeira, en moi boas condiciós de conservación, que será a primeira ponte destas características que atraversemos máis non a última.

Unha vez que avanzamos encontraremos outra zona de merendeiro cun espazo recreativo amplo, onde hay mesas e bancos e tamén conta con parrillas. Neste merendeiro está situado un panel que recolle a gran variedad de flora e fauna que podemos atopar ao longo da senda fluvial, así coma tamén unha señal indicativa da continuación ata o muiño das “Covas” e o muíño dos “Cregos” ou ata a zoa das “Pontes”, de onde saímos. 

Seguiremos pola senda e atopamos o Muíño das Covas, atópase no entorno natural das Gándaras de Budiño, un espazo de gran valor ecolóxico e cultural, regado polas augas do río Caselas, que foron durante séculos fonte de enerxía para a economía local. 

Este muíño, de orixe medieval, formaba parte dunha rede de muíños que utilizaban a forza da corrente do río para moer o gran, especialmente millo e trigo, alimentos básicos en galicia. O seu nome, “Muíño das Covas”, provén posiblemente das pequenas cavidades naturais ou artísticas formadas polas augas nas rochas da contorna. Como moitos outros muíños da zona, estivo en funcionamento ata ben entrado o século XX, aínda que durante anos quedou en desuso e en estado de abandono, nos últimos tempos experimentou procesos de restauración que buscan preservar o seu valor histórico e patrimonial.

¿Sabías que? 

Neste muíño de herdeiros teñen tamén dereito a ocupar no seu beneficio horas ou días do muíño os “Señores do Pazo Pegullal”. Históricamente existía a chamada “Semana do Marqués” onde os proipietarios do Pazo tiñan dereito á moenda durante estes días.

Xusto pasando o muíño atopamos a área de recreo “As Covas” que conta cun pequeno merendeiro e tamén con parrillas de pedra pegadas ao muro por se queremos prender lume para preparar algo de comida.

Atoparemos a poucos metros deste o Muíño dos Cregos ou da Laxe. O seu nome fai referencia ao feito de que pertenceu aos cregos (sacerdotes), o que lle dá unha conexión coa Igrexa. Como moitos outros na zona, foi abandonado durante anos, especialmente cando a industrialización chegou a Galicia, pero nos últimos anos, grazas a iniciativas de restauración e conservación do patrimonio, estanse recuperando moitos destes muíños para preservar a súa historia e darlles un novo uso turístico e cultural. 

No seu lateral recolle nun fragmento de pedra pegada ao muro unha frase que dice: “A auga é o sangue da vida de circula pola terra, coida as súas veas, os ríos.” Esta é unha frase para reflexionar. A nosa senda vai estar interrumpida por un novo cruce onde pasa unha estrada asfaltada, teremos que coller a man esquerda e a dous metros está a continuación do noso camiño. Neste mesmo cruce atoparemos unha nova señal indicando a dirección a tomar e os próximos elementos que atoparemos pola senda.

¿Sabías que? 

Como moitos lugares antigos de Galicia, o Muíño dos Cregos está rodeado de lendas. Unha das máis coñecidas é a que conta que os cregos, aos que pertencía o muíño, utilizaban parte das ganancias para obras de caridade, axudando aos máis necesitados da parroquia. O merendeiro é pequeno e as mesas que hay cos seus bancos, están separadas das parrillas polo propio camiño da senda, é dicir, se queremos descansar ou xantar neste estaremos máis expostos ao movemento da xente que pasa pola senda.

Continuando pola nosa senda encontramos o Muíño das Figueiras que orixinalmente é un muíño de gran pero está adosado pola parte oeste por un muíño de xofre. Este muíño ten a súa particularidade xa que está composto por dous muíños e un deles está á vista, onde se pode observar o percorrido pola acequia que facía o auga ata chegar ao muíño. 

A seguir, despois de pasar os dous barrotes que impiden o paso dos coches, encontraremos un banco de descanso onde poderemos tomar un reposo e gozar deste maravillosa paisaxe ou ben tomar un tentempié. 

Continuamos a nosa ruta e encontramos unha ponte pequena e unha intersección no camiño, pero nós teremos que continuar pola senda de fronte, o camiño máis ancho.

Chegamos a un espazo onde podemos observar un monumento caracterizado por unhas pedras de gran tamaño en vertical, nas que se poden ver coma láminas de vidrios introducidos nelas, deixando ao carón un gravado en pedra cunha frase reflexiva que di así.

 “Que a Liberdade da Xustiza e da Democracia alumee por sempre a nosa Senda”. 

Este monumento é o Espazo da Memoria, un espazo en homenaxe aos canteiros da picoña, e de todos e todas os/as salcedenses que foron asasinados, torturados, encarceados, expollados ou padeceron represalias pola súa defensa do réxime legalmente establecido, durante a guerra civil e a ditadura.

¿Sabías que? 

No Espazo da memoria están gravadas en pedra os nomes dos canteiros que foron asesinados en 1936 e que en parte este monumento é na sua homeaxe.

Uns metros máis adiante encontramos o muíño Marcial ou de Fondóns á ezquerda, e coma todos os anteriores conta cun letreiro informativo. Máis adiante pasando por unha ponte grande e ancho en moi boa conservación atopamos o área de recreo do Rubal, cun espazo moi amplo de cesped, neste hay tamén unha arbore no medio moi curioso xa que debaixo ten só un banco que chama a atención daquel que busque un momento relaxado apartándose un pouco da senda xa que está de cara o outro lado da senda, mirando a unhas pistas polideportivas do rural.

Máis adiante pódese observar tamén un parque biosaludable ao aire libre, que conta con diferentes aparatos para facer exercicio según as necesidades das persoas usuarias. Neste espazo recreativo máis grande que os anteirores vemos que hay tamén unha caseta de madeira onde seguramente nunha época determinada do ano instalan alí algún tipo de bar ou chiringuito. Muiño das Figueiras Espazo da Memoria Muiño de Marcia (de Fardóns).

¿Sabías que? 

Neste parque biosaludable podes sumerxirte moito na natureza que compón a senda, facer un descanso máis persoal e gozar deste anaco onde case non hai árbores chegando así moito máis directa a luz solar, e con él o voloteo das mariposas e outros insectos.

Ao continuar o noso sendeiro atoparemos outro letreito indicando a continuación do sendeiro e os próximos elementos que imos atopar.

O que veremos é unha paisaxe moi bonita de ver, co canto dos paxaros e os raios do sol atravesando a través das ramas das árbores, dando ese cor tan cálido. Máis adiante encontramos unha ponte de madeira tamén en moi bo estado, cun parque infantil e unha hermosa charca, así como tamén un merendeiro, con varias mesas e bancos e unhas parrillas de pedra. 

Se continuamos polo sendeiro, a poucos metros encontramos o campo de fútbol a man dereita. O camiño desta ruta é de terra e pedriñas e casi todo é plano, polo que é un sendeiro bastante simple, o calzado que aconsellamos levar é co que te sintas máis cómodo tendo en conta o terreo. 

Durante os últimos 150 metros o sendeiro continua paralelamente a un muro cunha lona de plástico que o separa dun xardín dunha casa privada, esta non é a mellor vista pero despois ao cruzar a estrada para chegar ao final veremos o último muíño da senda, pero non por iso menos importante. Unha vez chegamos ao Muíño do Pito, a entrada a este é accesible, pero hay que ter coidado xa que pasan coches ao ser unha estrada asfaltada e tamén a entrada para unha casa. Na época de verán poderás encontrar durante case todo o percorrido bolboretas, paxariños e libélulas, o que che envolve nunha paraxe natural parecendo que estás nun conto. 

¿Sabías que? 

Neste segundo merendeiro que é moito máis espacioso que o anterior, hay unha charca con rás onde podes disfrutar do seu canto se quedas preto delas en silencio.

Scroll ao inicio