Ruta circular que discorre por Arcade, unha pequena parroquia do Concello de Soutomaior.
Gran parte do percorrido que eliximos vai pola beira do mar e do río Verdugo, e permítenos disfrutar de praias marítimas que se atopan dentro da Zona especial de Conservación Enseada de San Simón, pertencente á Rede Natura 2000. Este roteiro pasa ó pé da ponte Sampaio que ten importantes connotacións históricas. É un paseo para tódolos públicos que consta con varias zonas nas que podes descansar e repoñer forzas, así como con parques infantís e zonas de xogos tradicionais.
Moi importante se vamos a Arcade é recordar que si por algo é famosa esta vila é polas súas ostras, polo que vos recomendamos que non marchedes sen probalas.
A nosa ruta comeza na Oficina de Turismo onde podemos entrar e completar información sobre o recorrido que imos facer. Logo tomamos a rúa Lavandeira ata desembocar na avenida Castelao. Pasamos pola Fonte A Lavandeira, conxunto típico da arquitectura galega formado por fonte e lavadoiro.
Continuamos pola avenida Castelao e, ao chegar a intersección coa rúa Rosalía de Castro podemos ver a dereita o Monumento a Ostra. Se visitades esta vila o primeiro fin de semana de abril podedes disfrutar da Festa dedicada a este molusco.
Xiramos a esquerda pola rúa Rosalía de Castro e continuamos pola rúa do Peirao, e a continuación pola rúa Carburos ata o Monumento A Mariscadora obra de Carlos Tesouro. Este monumento está máis que xustificado porque debemos recordar que o traballo das mariscadoras non consiste só en recoller o marisco e vendelo. No caso de Arcade, no que as especies explotadas son sobre todo ameixas, implica sementar a cría, cun moi reducido tamaño, en pequenas parcelas ata que alcanzan un tamaño adecuado para pasalas as diferentes praias. O traspaso é unha tarefa moi dura debido ao pequeno tamaño dos bivalvo e a postura adoptada á hora de realizar dita tarefa, sendo esta de xeonllos e utilizando ganchos para rastrexar a area na busca dos exemplares que acadaron o tamaño axeitado. E tamén e moi duro o traballo de recoller o marisco que se fai con instrumentos pesados, removendo a area e, sempre cos pes na auga.
¿Sabías que?
Nesta zona atopamos elementos importantes do patrimonio industrial como a Empresa Ramón Laforet, antiga fábrica de carburo de calcio, agora reconvertida nun centro multiusos municipal, e Ferrerías Arcade, actualmente en ruinas preto das vías do tren.
Seguimos na rúa Peirao ata o paseo marítimo. A praia do Peirao ou tamén coñecida como praia da Muxeira. Esta é unha praia pequena pero resgardada do vento e cunha area moi fina. Ademáis conta cunha zona recreativa, un rocódromo infantil, un chiringuito, carballeira , parque infantil e establecementos de restauración nas cercanías. Outra das ventaxas deste lugar e que dispón de aparcamiento.
Un pouco máis adiante atopamos a Praia Matilde, cercana as pontes da N-550, e as vias ferroviarias antiga e nova. Está na desembocadura do río Verdugo e como no caso anterior, é unha pequena praia de area e con augas tranquilas.
Si fas esta ruta nun día caloroso podes levar un bañador e aproveitar para refrescarte un pouco nas augas de calquera destas dúas praias.
Ambas están na zona protexida de Rede Natura 2000.
¿Sabías que?
Rede Natura 2000
É unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. Créase en 1992 mediante a Directiva 92/43/CE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva Hábitats). Consta de Zonas Especiais de Conservación (ZEC) establecidas de acordo coa Directiva Hábitats e de Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) designadas en virtude da Directiva Aves. A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e os tipos de hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea.
Seguimos polo paseo marítimo á beira do río Verdugo que nace a 760 metros de altitude na aldea de Cernadelo no Concello de Forcarei. A súa lonxitude e de 41 kilómetros e desemboca na ría de Vigo entre Arcade e Ponte Sampaio. É navegable dende Ponte Sampaio ata Comboa, outra das parroquias de Soutomaior. Temos que ser coidadosos co ciclo das mareas e co calado da nosa embarcación. Para o que sí é perfecto é para navegar con canoa ou kaiak xa que non presenta ningunha dificultade.
Cando continuamos o noso paseo, atoparemos, á dereita, o campo da petanca de Alfonso Dominguez, unha moi boa oportunidade para os aficionados a este xogo de pasar un bo rato. Para os que non saibades o que é a petanca, temos que dicirvos que é un xogo tradicional que consiste en lanzar unhas bolas desde unha posición determinada e unha postura fixa. Os xogadores poden facelo de forma individual ou xogar en equipo por tripletas ou por dupletas. Non hai unha idade para xogar a petanca, pode xogar calquera persoa. O que si se fai, en competicións profesionais, e dividir os xogadores por clases de idade e por sexo.
Esta zona de xogo, conta tamén cunha fonte de pedra. Máis adiante podemos atopar a Ponte romana de Pontesampaio na que librouse unha decisiva batalla durante a guerra da independencia española contra as tropas napoleolicas os dias 7 e 8 de xuño de 1809. Esta ponte ten dez arcos semicirculares e sirve para unir a parroquia de Arcade coa da Canicouva ó outro lado do río Verdugo.
Preto da ponte atopamos a escultura “O camiño das estrelas” realizada por Bernardo seoane con materiais reciclados escultor das maquinas.
¿Sabías que?
O escultor Bernardo Seoane é un pioneiro na arte da reciclaxe con máis de 300 pezas na súa casa museo o pe do camiño de santiago. “O camiño das estrelas” é unha alegoria sobre a vía lactea que foi a mellor guia para os peregrinos fai anos.
Subimos á dereita polas escaleiras que levan á rúa Roxelio Landeiro. Máis adiante tomamos á esquerda, e novamente á esquerda pola rúa Conde e continuamos de frente bordeando o río cara ao Este – Sureste.
Logo collemos a rúa Sucadiña Sameán para baixar á Xunqueira de Arcade, moi preto da desembocadura do río Verdugo e cunhas fantásticas vistas cara a ponte de Pontesampaio. Aquí atopamos unha praia fluvial con duchas, mesas de pedra, campo de volei-praia, parque infantil, zonas con árbores para estar á sombra e chiringuito en tempada de verán. Tamén conta con aparcamento. É un lugar ideal para desconectar ou para ir cos cativos xa que as augas aquí son moi tranquilas e dannos moita seguridade. Ademáis, ainda que sexa en pleno verán, non está masificado.
¿Sabías que?
E ti que lle pedirías a unha praia?
– Ter boas vistas e unha boa compañía.
– Poder devorar un libro coa brisa na cara.
– Acompañar con risas un viño fresquiño.
Estas foron algunhas das respostas que daban os entrevistados a un coñecido portal de internet xusto despois de estar pechados un tempo por mor da Covid-19. Non podemos saber o que lle pedirías tí, pero si son esas tres as condicións para que a túa estancia na praia sexa o mellor momento do verán, a bo seguro as atoparás nas praias de Arcade.
Na subida cara ao Sueste, pasamos polo Parque de Sameán, dende onde poderemos disfrutar dunhas vistas panorámicas ao río Verdugo.
Seguimos a mesma rúa de volta ao Oeste e subimos cara á Igrexa de Santiago de Arcade polo barrio da Devesa.
Trátase dun templo de orixe románico, construido no século XII. De esta época conserva a fachada occidental e o ábside rectangular. Non obstante, é un edificio de transición ó gótico. A portada principal e dunha grande sencillez, e en xeral, predomina a ausencia de elementos decorativos. As modificacións posteriores ocultaron a beleza primitiva do conxunto. Está adicada ao patrón de Santiago. No exterior da igrexa atopamos unha estatua de madeira tallada de Santiago e un cruceiro. Dende aquí poderemos disfrutar tamén dunhas boas vistas panorámicas do tramo final do Río Verdugo.
Seguindo a estrada de Soutomaior cara ao Oeste, atravesaremos a Av. Xosé Solla e tomaremos a rúa Pozo Vello seguindo o Camiño Portugués de Santiago pola rúa Lameiriña. Unha vez atravesemos a N-550 e pasemos pola fonte “A Lavandeira” chegaremos finalmente á Oficina de Turismo.
¿Sabías que?
O Camiño Portugués a Santiago atravesa a localidade de Arcade o que fai que aquí poidamos atopar varios albergues e que se poida selar a Compostelá en varios establecementos, entre eles, un ultramariños e nas dependencias da “Guardia Civil” na sección de atención o peregrino.
Hai unha etapa curta no Camiño Portugués a Santiago esta é a que vai de Arcade a Pontevedra, son solo 12 km e desde Arcade ata Santiago de Compostela hai 77 k.