
Soutomaior

Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo cara o sureste da Comunidade Autónoma de Galicia, a unha altitude media duns 220 metros sobre o nivel do mar. Este termo municipal ocupa unha extensión de territorio cercana aos 25 quilómetros cadrados aproximadamente, dunha paraxe de gran beleza, organizado en torno a dúas entidades parroquiais. Os accesos a Soutomaior están ben comunicados xa sexa dende A Coruña (146 km.), dende Santiago de Compostela (74 km.), dende Pontevedra (16 km.) ou dende Vigo (18km.). Segundo o INE, no ano 2021 tiña 7.482 habitantes. Localízase entre a serra do Suído e a ría de Vigo, atravesado polo río Oitavén. Este entra no concello encaixado ata unirse co río Verdugo en Ponte da Barca, no Salto do Inferno, e logo os dous xuntos desembocan na enseada de San Simón.
Sitios
Rutas
Galicia sabe amar
La campaña GALICIA SABE AMAR continúa su recorrido por todo el territorio gallego, sumando nuevos municipios. Una…
Actividades
Festividades
Non hai próximos eventos